«O bo é que non querían unhas medidas perfectas»

Amelia Ferreiroa

DEZA

É unha das seis finalistas do cásting de Dove, ao que se presentaron máis de trescentas mozas, para grabar un spot

03 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

É lalinense. Tén vintecatro anos, fixo a licenciatura de Publicidade e Relacións Públicas e traballa no Grupo R en Madrid, nunha axencia de publicidade como executiva de contas e agora pode converterse nunha das protagonistas do novo spot da firma Dove.

-¿Como comezou todo isto do cásting? -Souben de que se ía rodar un novo spot de Dove, e que estaban buscando mozas para elo, e pensei en presentarme porque me gusta a publicidade e o teatro. O que máis me empuxo a presentarme foi o feito de que non buscaban nin querían a alguén con medidas perfectas e tamén porque gañabas mil euros se quedabas entre as seis finalistas. -¿E tiña esperanzas de que a chamaran?

-Non, para nada. Pensei: bueno, sí, que me van chamar a min... Á de Lalín...Anda xa... Aínda non me creo moito de que esté entre as finalistas... -Chegar a finalista é un enorme logro se temos en conta o volume de participación e a expectación que levantou o tema... -Bueno é certo que se presentaron máis de trescentas candidatas, segundo os datos que nos aportaron dende a organización. Primeiro colleron a trinta e cinco en Madrid e outras tantas en Barcelona. En total, setenta despois de levar a cabo un primeiro cásting en cada unha das cidades onde se nos explicaba ás participantes o que era o produto. Logo, unha maquilladora se encargada de sacarche brillos, tiñas que pór o bikini de culote negro coa que apareces ante a cámara e, pola túa banda, tiñas que presentarte ao xurado, dar perfiles e moverte sobre o plató coas pelotas verdes que aparecen no anuncio e que se pode visualizar na web de Telecinco e que xa se está a emitir porque estamos na fase de votación.

-Das máis de trescentas quedaron setenta, agora seis e finalmente só tres...

-Así é. Só tres das seis que somos finalistas poderán estar na final e participar finalmente no spot que Dove fará en españa, que será a versión española dun que se está emitindo a nivel mundial. Polo que sabemos será emitido en exclusiva por Telecinco e presentará un novo produto da firma, Dove Perfect Curves, que é un reafirmante anticelulítico.

-Estamos agora na fase de votación, ¿como facelo?

-Só é preciso entrar na web de Telecinco e votar. Agora nada, a ver que pasa... De todos os xeitos foi unha experiencia divertida e tratáronme coma unha raíña.