A perda da biodiversidade en Galicia, eixo de Voz Natura

La Voz

DEZA

08 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Voz Natura aliarase o vindeiro curso 2009-2010 coa biodiversidade. Sensibilizar á poboación sobre a importancia de frear a perda da biodiversidade nos ecosistemas galegos, co obxectivo de contribuir ás campañas que se están a realizar a nivel mundial para preservar a diversidade ecolóxica, é o eixo desta trece edición do programa que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Por esta razón nesta nova edición valoraranse especialmente as accións de protección de flora e fauna autóctona, recuperación e coidado de ecosistemas e a loita contra o cambio climático. Tamén, como en anos anteriores, terán especial relevancia todas as actuacións que impliquen acción directa sobre o medio.

Neste senso, Voz Natura adheriuse xa á iniciativa Cuenta Atrás 2010, auspiciada pola Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (2009, Año de Darwin).

Ata o 31 de marzo

O prazo de inscripción para os centros educativos de todos os niveis -excepto o universitario-, así como escolas obradoiro e asociacións estará aberto ata o 31 de marzo. Deben presentar os seus proxectos de actuación medioambiental cumprindo un sinxelo formulario aloxado na web do programa (www.voznatura.es), onde tamén poden consutar as bases. Os colexios tamén recibirán a documentación nos vindeiros días.

Será despois da celebración da festa fin de curso deste ano, no mes de xuño, cando a organización do programa fa pública a lista de centros admitidos para o curso 2009-2010. Antes, os responsables do comité científico analisarán todas as propostas e valorarán aspectos como a participación, a implicación de toda a comunidade escolar, os beneficios que o traballo suporá para o contorno, a súa capacidade para implicar axentes diversos, máis alá do recinto escolar, o seu rigor científico entre outros factores. Ademáis, os centros poden plantexar dudas a través da web na sección Pregunta al comité .

O programa Voz Natura que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre está patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Diputación de A Coruña, Sogama, Sogarisa e Leche Celta. Tamén colaboran a Obra Social de Caixa Galicia, Begano-Coca Cola, Coeticor e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.