Román Rodríguez, actual concelleiro de Urbanismo do Concello de Lalín, acaba de ser elexido presidente da xunta directiva da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Deza.
-¿De que se encargará exactamente este grupo?
-Ben a idea é, dende logo, xestionar as axudas que veñan dende a Xunta de Galicia para a nosa comarca dentro do Plan Leader ate o vindeiro ano 2013.
-¿Cales son os pasos que van a seguir vostedes despois de que se designasen os cargos dentro da xunta directiva?
-O primeiro é agora constituirnos formalmente dende o punto de vista administrativo. Logo encima da mesa temos unha gran tarefa, a maior, que é elaborar un proxecto endóxeno e sustentable da comarca de Deza. Falamos dun proxecto no que xa se está a traballar. Manuel Ferro da Fundación Comarcal e Chus García Diéguez, da Asociación de Empresarios de Deza, son os que están elaborando dito traballo. De feito, en breve, creo que xa se presentará un avance do mesmo.
-¿Contamos con algunha data para elo?
-O que se dixo na reunión do pasado martes é que para o vindeiro día 10 xa nos voltaremos a xuntar e para entón poderemos contar con ese avance. De todos os xeitos o documento ten que estar rematado para o 16. Outra das cuestións que decidimos facer é elaborar un regulamento de funcionamento da xunta directiva para que non haxa problemas de ningún tipo á hora de tomar decisións. Pretendemos que todo esté perfectamente regulado.
-Caso, por exemplo, dos votos delegados...
-Por exemplo. Iso levantou certa problemática...
-¿Que opina vostede da impugnación presentada contra Javier Blanco por asociacións da zona?
-Da impugnación falamos na reunión. Houbo debate. Javier Blanco alí estivo para expoñer a súa visión dos feitos pero o decidimos deixar todo para a Mesa Sectorial de Cultura. É sobrena e ela é a que pode decidir. O que sí digo é que o proceso foi limpo e a impugnación me semella ser unha anécdota e unha rabieta, pouco máis. En todo momento o propio aludido á impugnación, Javier Blanco, dixo que estaba a disposición das entidades que pertencen a esta mesa para achegar posturas e concretar proxectos para desenvolver dentro do grupo e dar resposta a todas aquelas preguntas que lles queiran facer.
-¿Ao avance do proxecto se poderán engadir iniciativas?
-Os distintos representantes das mesas sectoriais poderán facer as súas aportacións tanto de iniciativas como de estratexias de futuro deste grupo de desenvolvemento.