Aínda que a xuntanza de onte serviu para que Concello e Reale aproximasen as súas posturas, continúa sobre a mesa a asamblea do día 9 na que se decidirá o futuro da sección de fútbol sala. Puga explicou que no que atinxe ao futuro do club, todo segue no mesmo punto, «e o día 9 os socios deberán elixir unha nova directiva, ou senón, a disolución do fútbol sala». En caso de que xurda un novo equipo directivo disposto a tomar o relevo de Puga, que anunciou en repetidas ocasións a súa intención de marchar a finais desta tempada, os socios do Club Deportivo Estradense terían tamén que decidir sobre a separación das dúas seccións do club.
Futuro do Leis
O presidente do Leis, José Antonio Esperón aclarou onte que a xuntanza mantida con responsables de A Estrada se debera únicamente para intercambiar información sobre a categoría de Prata, e subliñou que aínda está por ver en qué división sae o Leis, dependendo do apoio co que conte. En calquera caso, o club continuará sempre en Pontevedra.