A lalinense leva moitos anos vencellada ao colectivo que traballa pola participación feminina en todos os eidos
24 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Mari Carmen Canda compaxina o seu cargo de vicepresidenta de AMFAR Galicia coa atención aos agricultores e gandeiros da zona, dende o seu posto de responsable da organización agraria Xóvenes Agricultores de Lalín e Rodeiro.
-Que é AMFAR?
-É a Asociación de Mulleres e Familias de Ámbito Rural que conta con dez anos de vida en Galicia, e algún máis a nivel de España. Temos representatividade en todas partes, proba delo é o volume de socias coas que contamos na actualidade. A nivel local contamos cunhas catrocentas e en Galicia a cifra se sitúa nas tres mil asociadas.
-Que obxectivos buscan dende o colectivo?
-Traballamos fundamentalmente no fomento da participación feminina en todas as súas variantes. Queremos que as mulleres teñen representatividade a nivel profesional, que se formen o máximo posible a través de cursos e charlas, tentamos mellorar a situación de igualdade entre home e muller, conciliar a vida familiar e laboral. Persoalmente aposto por mellorar a vida das mulleres nas aldeas e tamén que os rapaces do rural teñen as mesmas oportunidades cos da vila, que poidan acceder a todas as opcións deportivas e lúdicas que se lles ofrecen nun pobo.
-Que teñen en programa para os vindeiros meses?
-O vindeiro venres desprazarnos ate Segovia onde terán lugar unha serie de actos con motivo do décimo aniversario da asociación de alí. Haberá representantes de toda España, tomaremos parte en charlas e aproveitaremos para coñecer un pouco a zona. Estamos tamén preparando os actos para o vindeiro Día Internacional da Muller, que se fixeron o ano pasado en O Barco. Seguimos creando novas asociacións de mulleres para que acaden esa representatividade da que falabamos.
-Ourense era unha provincia un tanto baleira nese senso...
-E tivemos que traballar duro para tramitar a constitución de pequenas asociacións despois de falar con mulleres. De feito, agora estanse a dar os pasos precisos para crear unha asociación provincial en Ourense, onde non se contaba con colectivos destas características. Todo froito do tesón.
-Que cursos ou actividades van programando?
-Un pouco de todo en función das necesidades formativas que apreciamos. Traballo con xente do agro, moitas delas son mulleres e falánme das súas inquedanzas polo que programamos charlas sobre igualdade ou violencia de xénero, pero tamén lles achegamos ensinanzas diversas: bolillos, cociña ou informática. O que buscamos é mellorar a súa calidade de vida.