22 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O número dez da revista Regalía ten para todos os gustos. Unha entrevista ao reitor da USC, un cómic, contos, poemas, unha enquisa feita polos propios alumnos sobre os gastos semanais e as horas que pasan estudando ou vendo a televisión, artigos comprometidos sobre a violencia de xénero, unha análise do Camiño de Santiago, unha reportaxe sobre dúas viaxes experimentais de inmersión lingüística a Irlanda e Francia, e ata unha telenovela feita por eles.
Os alumnos tamén presentaron o seu blog, creado dentro do programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia. En Diverblog do Rosalía pódense atopar fotos, artigos, textos, novas, encadradas en seccións como o noso instituto, as nosas excursións, a nosa cidade ou noticieiro semanal.