«Por terminacións, este ano tira moito o oito»

M. García

DEZA

Gustavo Pousa é o responsable da Administración de Loterías e Apostas do Estado de Silleda. Explica que nestas datas continúa a estabilidade no xogo en canto os sorteos semanais e da Primitiva, así como da Quiniela -onde notan se hai ou non partidos de Primeira División-, e empeza a tomar impulso a venda de Lotería de Nadal.

-¿Cómo vai a venda da Lotería de Nadal deste ano?

-A falla do máis forte, que é o mes que ven, as previsións son que imos estar nos números do ano pasado ou un pouco máis. A Lotería de Nadal chega en xullo, e xullo e agosto, son dous meses que se vende bastante ben porque están os turistas e a xente que ven de fóra. Despois, setembro e outubro, estabilízanse as vendas. En novembro están os pedidos de empresas, as comisións de festas...

-Entón, son os veciños da zona son os que máis agardan para mercar...

-Os da casa sempre esperamos para última hora.

-¿Hai algún número que se xogue máis en Silleda?

-Temos uns números abonados, pero como hai o run-run polo pobo e por fóra que en Silleda se xoga tal número, pois tenden a pedirse. Entón, normalmente, xa non os poño a venda. E por terminacións, este ano tira moito ao oito. Pero iso é o gusto do xogador. e hai algúns que lles dá igual.

-Dende que repartiron o segundo premio fai tres anos, ¿notaron un aumento das demandas?

-Si, o dar un premio, de Nadal sobre todo, ten un eco máis importante. Pidénnos lotería de fóra, algo sempre inflúe.