O estradense José Lodeiro sobe ao podio do Slalom de Valga

La Voz

DEZA

O piloto estradense José Antonio Lodeiro revalidou o pasado domingo o seu trunfo na categoría Agrupación 1 do Slalom Concello de Valga, proba do Campionato Galego da especialidade que este ano celebraba a súa segunda edición.

Ademais do éxito na súa categoría, José Antonio Lodeiro acadou no seu Seat Marbella a decimoquinta posición na clasificación xeral da cita valguesa, superando a numerosos pilotos con coches de maior cilindrada. De feito, o estradense completou a primeira manga do Slalom na oitava posición. Un pequeno erro na segunda relegouno posteriormente á decimoquinta praza.

O Campionato Galego de Slalom continuará o vindeiro mes coa desputa do III Slalom de Fene, fixado para o 1 de setembro.