Budi planificará a vindeira semana a tempada do Portadeza

DEZA

O técnico do primeiro equipo remata hoxe o curso de adestrador Martín está pendente de coñecer onde estudará para saber se pode seguir no Lalín

20 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A próxima semana o técnico do primeiro equipo do Balonmán Portadeza Lalín, Budi, comezará a planificar e a estruturar o traballo do conxunto de cara á pretempada e a tempada. Así o confirmou onte o adestrardor dende Madrid, onde hoxe finaliza o curso de técnico de Nacional. Segundo Budi, cando regrese a Lalín comezará a planificar as sesións de adestramento e a pretempada xunto cos responsables do club. Segundo indicaron os directivos do Portadeza na asamblea do xoves, nun principio o club barallara a data do 13 de agosto para comezar a pretempada, logo de ter previsto manter o día 2 unha reunión cos xogadores da primeira e da segunda plantilla. Sen embargo, como explicaron os directivos do Balonmán, estes plans poden cambiar debido á nova competición que o primeiro equipo desputará: a Copa Galicia. O novo vicepresidente segundo do Portadeza, Nicolás Varela, indicou na asamblea que o Balonmán Lalín comezará no torneo o día 25 na pista dezana enfrontándose ao Chapela. Este compromiso, que lle servirá ao primeiro equipo de partido de pretempada, podería obrigar aos dezanos a iniciar os adestramentos algo antes do previsto para poder chegar en forma ao compromiso deportivo. Dúbidas Entre as cuestións que deberá afrontar Budi a vindeira semana están a dos integrantes do primeiro equipo. Un dos xogadores que aínda é dúbida de cara á vindeira tempada é Martín, outro dos homes saídos da canteira dezana. Segundo se explicou na asamblea, o xogador está pendente de coñecer a cidade na que cursará estudos a partir de outubro. Martín confirmou onte que a vindeira semana agarda saber donde estudará, e será entón cando poida decidir sobre o seu futuro deportivo. O ano pasado o xogador compaxinou os seus estudos en Lugo coas sesións de adestramento do primeiro equipo, e coa preparación dun dos equipos da canteira, pero a próxima tempada recoñece que non saberá ata qué punto poderá continuar facéndoo. De todos xeitos, Martín mantén que primeiro agarda coñecer a cidade na que finalmente cursará estudos, e falar con Budi, posto que «non me imaxino sen xogar, nin xogando noutro equipo», dixo o balonmanista. A dúbida de Martín exténdese tamén a Borja e a Roberto Álvarez, que xa adiantara que o máis seguro é que non continuará nas filas do Portadeza tamén por mór dos seus estudos. A pesar das dúbidas sobre a continuidade destes xogadores, os directivos do Portadeza explicaron que Budi deu prioridade a un equipo da casa. Os mandatarios recoñeceron que tocaran a homes como David López, Pablo Herbello, Pablo Mouriño e Víctor Frade, pero que non fructificaron. Ademáis, destacaron que hai rapaces do segundo equipo e xuvenís que poden comezar a traballar co primeiro plantel. O que sí están a buscar xa os directivos do Balonmán Portadeza Lalín é un novo técnico para a base, posto que Félix Mojón pasará a formar parte do corpo técnico do Octavio. Neste senso, lembraron que o 17 de agosto comezarán os cursillos de monitores en Lalín. Máis novidades Entre as novidades que tamén se expuxeron na noite do xoves na asamblea do Balonmán, está a de que a partir da tempada 2008-2009 haberá unha Primeira e unha Segunda división na categoría xuvenil. Debido a isto, a directiva lalinense destacou a importancia de que o equipo que compita a vindeira tempada asine un bo papel para poder competir en Primeira.