SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN DE UU. AA.
12 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Pablo García, secretario de Organización de Unións Agrarias, da algunha clave da xornada sobre o mercado mundial do cereal e penso na Casa da Cultura de Silleda, hoxe ás 11.45 horas, con poñentes de referencia mundial como Alfonso Raffin (Danone), Enrique Ulloa (Confederación Española de Fabricantes de Penso), Francisco Sineiro (USC) e líderes de UU. AA. -E grave no sentido que pensamos que non é como outras subas, cando un ano hai sequía e sube o cereal, e decimos que temos un mal ano. Sin querer ser alarmista estamos nunha situación que non é coxuntural, que é estrutural. O escenario internacional de mercados, novos cultivos de biocarburante,... falamos a nivel mundial e moitos agricultores van cambear de cultivo no mercado global. -¿Que pretendedes coa xornada? -Ter información de primeira man, para analizar causas, perspectivas de futuro, medidas para tratar de arreglar isto. Queremos entender este mundo complexo internacional que nos afecta para que os gandeiros poidamos adoptar medidas e para contrarrestar. Terá máis importancia o banco de terras para baixar costos... Teremos que replantexarnos a forma de produción con carro mezclador, haberá que cambiar o chip. En leite hai opcións pero en porcino e aves a dependencia do penso é total. -Tedes poñentes de primer orden. - Traemos a quen máis sabe e veñen porque temos dirixentes que o sector recoñece e considera. Sempre que veñen topan co sector, que é o que queren. -¿Ainda así saltará algunha chispa hoxe entre produción e industria? -Sen duda, pero eles están preocupados coma nós. Ten que haber debate pero en cousas estamos no mesmo carro . Venden penso pero si non compramos, duran dous días máis que nós.