Aser comunícalle a Budi que se queda en Francia a traballar e xogar

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

? luns o Portadeza Lalín recibía a gran noticia do retorno de Pincho ao plantel roxinegro, logo de renunciar ao seu segundo ano de contrato co Teucro e a unha experiencia única na Asobal. O xoves, nembargante, as novidades pintaban negro para o conxunto dezao. Aser, un dos tres lalinenses incluídos na operación regreso deseñada pola directiva, comunicáballe a Budi que finalmente se quedará un ano máis en terras francesas, ás que emigrara por razóns laborais no mes de marzo. O adestrador do Portadeza explicaba onte que «un equipo fracés lle vai pagar a Aser máis de 3.000 euros. Ofrécenlle traballo ademais de xogar, e decidíu quedarse alá». Budi confesou que o descarte de Aser deixa o Portadeza sen un director «cunha visión de xogo impresionante, ademais dunha gran defensa». Ao que engadíu a perda «dun rapaz que me gustaba moito como adestrador. Tiña pensado que levara os infantís». De tódolos xeitos, polo que respecta ao primeiro plantel, Budi subliña que «co sistema que quero empregar, case non precisamos dun central. En Lalín levamos moitos anos sen un central nato, e foinos ben. E temos a Carlos Aller, Pincho, Rubén... quizais Bruno». Tralo si de Pincho e o non de Aser, a Budi tan só lle queda por despexar a incógnita de Mouriño, do que onte seguía agardando resposta.