A Peña Barça Lalín celebra o décimo aniversario

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

?s socios da Peña Barça Lalín celebrarán este sábado o décimo aniversario da entidade. E faráno cun programa de actos que comezará ás 20 horas na aula social de Caixanova cunha charla-coloquio á que asistirán representantes do club culé. Ás 21 horas procederáse á inauguración dunha exposición fotográfica sobre a década de vida da Peña, e ás 22.30 os socios e simpatizantes terán unha cea-baile, gratuíta para os primeiros e previo pago de 30 euros para os segundos.