Os catro candidatos plantexan medidas de aforro para o Concello e crear solo industrial
18 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?s catro candidatos á alcaldía de Silleda teñen claro que un dos principais problemas é a débeda que arrastra o Concello. Todos eles prometen apretarse o cinto os vindeiros catro anos se saen elixidos o próximo domingo día 27 de maio. Iso si, cada un pon o seu matiz. Mentres que o PP asegura que seguirán rebaixándoa como fixeron ata o de agora con fórmulas de pago asumibles; BNG e PSOE coinciden na necesidade de facer unha auditoría nada máis chegar ao goberno para coñecer a situación real. Os socialistas incluso prevén cerar un departamento de control do gasto. Outro dos puntos no que coinciden os catro alcaldables de Silleda, en resposta as preguntas remitidas por esta Redacción, é na necesidade de crear máis solo industrial no novo plan xeral de ordenación urbanística que se está en proceso de redacción nestes intres, así como tamén a necesidade de definir os núcleos rurais para facilitar a construción nas aldeas. BNG, PSOE e PPS tamén sinalan que é preciso humanizar os cascos urbanos, e nacionalistas e socialistas inciden en que é preciso deixar espazos para facilitar o acceso a unha vivenda de toda a poboación. Por outra parte, está o plantexamento das relacións entre o Concello e a Semana Verde. O posicionamento dos catro candidatos é dende a base da colaboración entre ambos estamentos debido a importancia que ten a feira para o municipio. O BNG e o PSOE van máis alá e defenden tamén utilizar o recinto para actividades municipais e de colectivos. Os socialistas critican a actual situación de enfrontamento e apostar por «regularizar o vergoñento conflito económico». Por último, todos coinciden en fomentar o turismo. O PP propón crear a Feira do Pan; o PSOE un obradoiro de emprego para recuperar muíños e pontes; o BNG propón unha marca de calidade e o PPS, roteiros. As preguntas remitidas os catro candidatos á alcaldía de Silleda para coñecer a súa postura foron: 1) O Concello de Silleda arrastra unha importante débeda. ¿Qué medidas propón por en marcha ante a situación económica? 2) Silleda conta cun Plan Xeral do ano 1981. ¿Cales son as súas propostas urbanísticas de cara o novo PXOM para os cascos urbáns, solo industrial e no medio rural? 3) Plantexamento do seu partido de cara as relacións entre Concello de Silleda e a Semana Verde. 4) ¿Qué papel propón para o Concello no turismo local e comarcal?