NÚMERO 2 DO PSOE DE SILLEDA
25 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Nacín na devesa de Santiso de Manduas. Levo toda a vida residindo na Bandeira, do que me sinto orgulloso e satisfeito. Estou casado e teño dous fillos de 18 e 11 anos. Son empresario do transporte dende fai máis de 19 anos. A miña actividade está vinculada fundamentalmente a Nudesa. Considérome unha persona humilde e traballadora. Sempre mantiven interese e estiven vinculado as actividades socioculturais e deportivas do meu pobo, ben sexa como directivo na Sociedade Deportiva de Bandeira, como socio en Vista Alegre, ou participando e colaborando coa Banda de Música, na que tocan os meus fillos. Disfruto coa compañía da familia e dos veciños, por iso aproveito o tempo libre para compartilo con eles. Debido a miña profesión, viaxo por tódolos concellos de Galicia e sempre me sentín decepcionado o comparálos, incluso algún máis pequeno, co noso tanto a nivel de servizos ou instalacións, como na cantidade e a calidade dos mesmos. Isto, unido a proposta de Paula Fernández para este proxecto novo e ilusionante, fíxome dar este importante paso. Entendo cun concello coma Silleda non pode estar, en pleno século XXI, carente de servizos tan básicos como unha residencia, gardería municipal, sin un PXOM..., ou con deficiencias medioambientais como que Bandeira non teña unha depuradora. Ademais, atópome moi a gusto e identificado con tódolos compoñentes da lista e co programa do PSOE para Silleda. Quero resaltar o apoio constante da Xunta, tanto a nivel consellerías como o que me manifestou persoalmente o presidente, Pérez Touriño, o que me anima máis se cabe a abordar esta nova etapa da miña vida.