O filial do Vigo apea o Ibaser da Copa Xunta

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

? Ibaser R.C. Lalín dixo adeus á tempada ao caer nos cuartos de final da Copa Xunta ante o Vigo B. Unha eliminatoria a partido únicao desputado o pasado sábado en cancha olívica, con resultado final de 20-5. Un ensaio de Fabián mediada a segunda parte permitíulle ao Ibaser recurtar diferencias, 15-5, pero o cadro de Bruzzoni nunca foi quen de impoñer o seu xogo ao seu rival. Xogaron polo conxunto lalinense: Otero, Collós e Hómer, Mario (Alemán) e Piñeiro, Petillo, Abreu e Panteira, Pachi, Capone, Fabián e Marcos (Díaz), Bilí e Cochón, e Schuster. Os abellóns agardarán agora á tempada de sevens, en xuño.