08 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
? Ibaser R.C. Lalín desprazaráse mañá á Cidade Olívica para medirse ao filial do Vigo R.C. en partido correspondente aos cuartos de final da Copa Xunta de Rugbi (16.30 horas) . O conxunto dezao parte como favorito nunha eliminatoria a partido único que o mide a un rival da Primeira Territorial. Cachorro e Santi Luar, por motivos de traballo, son en principio as únicas baixas nas filas do Ibaser. Pola súa banda, os xogadores infantís do R.C. Lalín exercerán mañá pola mañá en Barcia de anfitrións na concentración galega da categoría en terras dezás. Será o mesmo día no que os cadetes Alejandro Castro e Juan Carlos Molanes acudan á concentración autonómica cadete na Coruña.