Aproveitando mal o espazo

A. Caamaño LALÍN

DEZA

Crónica | Animais mortos en vertedeiros ilegais A construcción de novos viais ao pé dos antigos trazados xerou espazos abandonados aproveitados para múltiples funcións: dende áreas de descanso ata vertedoiros de animais mortos

09 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?s dezaseis anos nos que os vieiros galegos mudaron de faciana e converxeron cos do resto do Estado, foron medrando de xeito clandestino, lugares mortos. Os trazados das antigas estradas quedaron inútiles e, en moitos casos, están situados xunto ás novas vías. Este é o caso, entre tantos, dun punto situado entre A Estrada e Silleda. Na N-640, ao pé do monte de San Sebastián, unha pequena curva pola que transitaba o antigo camiño, tamén se converteu nun espazo abandonado unha vez que foi desposuída da súa función primitiva. Este recuncho sen asignar, desprovisto dunha ordenación ou un sentido existencial quedou aberto ás aportacións dos veciños e dos condutores. Os automobilistas fatigados escolleron esta curva como área de descanso pedestre desprovista de patrocinio pero que serve para restaurar forzas para os que acumulan moitos quilómetros ao lombo. En cambio, algúns dos veciños do lugar atoparon un vertedoiro do lixo no que desfacérense de todo tipo de lixo, e ata de animais mortos. A central de Protección Civil en Silleda recibiu onte pola mañá o aviso de que os cadáveres de tres pequenos porcos estaban ciscados no mencionado punto. Os porcos, sen marcas distintivas de ningunha granxa industrial, polo que os propietarios dos animais poderían ser particulares que, antes de abonar as taxas ao servizo de recollida de animais mortos da Consellería de Medio Rural, optaron pola vía expeditiva. Para a fochanca, o vertedoiro oficioso. Plan da Xunta A Consellería de Medio Ambiente ven de anunciar que destinou 158.000 euros para a erradicación destes puntos en Pontevedra e recuperar entornos. Desta cantidade, 8.000 euros foron para os puntos de vertido de Lalín, e 23.000 máis entre Forcarei e Rodeiro.