Ofrenda floral, pregón de José Luis Foxo e comida de confraternidade

La Voz

DEZA

Ás doce do mediodía comenzará a homenaxe cunha misa cantada, que interpretará o coro parroquial de Moneixas, e de seguido levarase a cabo unha ofrenda floral en lembranza dos músicos xa falecidos. A presentación do festival faraa o alcalde de Lalín Xosé Crespo, mentras que do pregón encargarase o director da Real Banda de Gaitas de Ourense José Luis Foxo. Posteriormente, ás 13.35 horas, arrancará o concerto da Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra e o grupo de baile Fortín da Pomba, de Bandeira, ofreceralle aos asistentes un concerto. Logo, comida de confraternidade á que se prevé asistan máis de duascentas persoas. As formacións Os Trasnos de Doade, A Carballeira de Cercio, Os Xuncos de Santiso, Xirandola de Bandeira, Ailola de Lalín, Fialato de Moneixas, Punteirolo de Vila de Cruces e a Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas amenizarán o festival.