O xogador, perxudicado polo retraso dos papéis, cré que o club non se interesou o suficiente O arxentino agarda poder seguir adestrando no Cortizo ata atopar novo equipo
19 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A finais de mes o xogador arxentino Sebas deixará de pertencer ás filas do C.D. Lalín. Despois de dous meses de espera polos papeis, e con escasos minutos xogados en competición oficial, Sebas deixa o Lalín con certo mal sabor de boca. «Lo que más me duele es que no pude demostrar nada en Lalín», sostén o xogador arxentino. O mércores o presidente roxinegro Amandio De Bessa anunciou que a finais de mes rescindirán o contrato con Sebas despois de que o xogador non respostara ás espectativas do equipo, e non formase parte do plantel ideal de Acevedo. Pola súa banda, Campillo lembra que é agora cando «tengo los papeles desde hace diez días, y el club ya me ha dicho que me tenía que ir» o que o fai pensar que «no se interesaron por mi, si no yo podría haber luchado». O xogador arxentino opina que o club non lle deu o voto de confianza que precisaba, pois «cualquier jugador tras dos meses sin jugar está fuera de ritmo», pero cun pouco máis de tempo o arxentino cré que podería estar a bo nivel. Os poucos minutos que Sebas xogou co C.D. Lalín en competición oficial non serven para avaliar, según o xogador, o seu rendemento sobre o céspede. «En el partido de Copa jugué en una posición que no es la mía y estando a un nivel menor que los demás compañeros», aduce Sebas. O xogador arxentino cré ademáis que só se pode avaliar o traballo dun xogador en competición oficial, unha oportunidade da que desfrutou pouco. «En los entrenamientos sólo me vió Acevedo, y así es muy difícil decidir si un jugador vale o no vale. Eso sólo se comprueba en la Liga». Sebas agarda agora chegar a un acordo co Lalín para a súa saída, e que o seu representante lle atope novo equipo pronto, se ben é consciente da dificultade de atopar club en novembro. Á espera do seu novo equipo, Sebas quere seguir adestrando co seu futuro ex equipo aínda que «es una situación un poco incómoda».