En dous minutos | Programación cultural O actor representará a obra «Encerrona» o sábado 21 e o avogado e xornalista estará en novembro
16 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O Concello de Vila de Cruces e a entidade bancaria Caixanova asinaron onte un convenio de colaboración polo que actuará o vindeiro sábado, 21 de octubre, o actor Pepe Viyuela no auditorio Xosé Casal e o próximo 8 de novembro dará unha conferencia o avogado e xornalista, Javier Nart. O subdirector xeral de Caixanova, Antonio Manuel Gómez, indicou que a entidade coa súa colaboración aporta «un plus de nivel» a programación cultural cruceña para que traspase as fronteiras do municipio. O actor Pepe Viyuela, coñecido pole seu personaxe de Chema na serie Aída ou por ser protagonista da película La última aventura de Mortadela y Filemón , escenificará a obra Encerrona . Trátase dunha reflexión sobre o cotián dende a perspectiva do paiaso, que actúa como metárforca de cada un e o seu xogo e a vida cotiá. O prezo do espectáculo, que terá lugar o sábado a partir das 21 horas no auditorio Xosé Casal, é de cinco euros. O avogado e xornalista Javier Nart ofrecerá unha conferencia que abordará o desaxuste estratéxico munidal. Será o 8 de novembro a partir das 20.30 horas no auditorio cruceño e con entrada gratuita. «É unha aposta importante traer a Cruces personaxes deste nivel», destacou o subdirector xeral de Caixanova. Novos convenios O convenio asinado onte é o segundo entre administración local e entidade bancaria, o pasado ano a través del actuara en Vila de Cruces Juan Luis Galiardo e ofrecera unha conferencia Andrés Aberasturi. Tanto o alcalde, Jesús Otero, como o responsable da entidade Caixanova indicaron que a intención é seguir repetindo este tipo de acordos de colaboración para vindeiros exercicios.