O Concello presenta un ambicioso plan de actividades deportivas

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

O Concello de Lalín e a Fundación Deporte en Lalín veñen de anunciar a posta en marcha dun ambicioso programa de actividades deportivas, destinado a dar servicio a toda a pobación local de 4 a 90 anos. O programa está asentado sobre catro piares, entre o que salienta por novidoso un servicio de asesoramento ao deportista. Nel calquera lalinense poderá buscar a información que precise para iniciarse, manterse ou mellorar a súa disciplina deportiva sen temor a correr o risco de lesionarse. As outras tres liñas mestras consisten nun paquete de actividades para nenos en período escolar (de 4 a 12 anos), destinado a sentar as bases da formación física dos máis novos; as escolas deportivas municipais (aeróbic, bádminton, baloncesto, fútbol sala, patinaxe e xadrez); e actividades deportivas para adultos. Asimesmo, o Concello pasará a sufragar a oferta deportiva das Anpas, co obxectivo de facela accesible a tódolos nenos de Lalín. O alcalde, Xosé Crespo, manifestou na presentación do novo programa que «como delegado de Deportes quero comezar a que se note o meu paso pola Concellería». O seu gran reto, «que os 20% dos lalinenses practiquen algún deporte no prazo de catro anos. Agora memos faino o 10%. Desde o Concello imos poñer as condicións favorables para dobrar esta cantidade. O futuro Multiusos será unha das ferramentas. Outra é este novo programa».