As comarcas véndense nas oficinas de??turismo

pamela m. | estrada

DEZA

A PENÚLTIMA

03 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Coa chegada do verán non só aumentan as temperaturas senón tamén o tempo de ocio. Para ofrecer alternativas a todos aqueles que disfruten das desexadas vacacións os diversos concellos xa puxeron en marcha as Oficinas de Información Turistica. Así, malia que por aquí non soe haber moitos turistas, todo o mundo poderá dispor de información sobre que ver nos concellos da zona. Unha información que é de especial interés para todos aqueles emigrantes retornados que queren saber que é da súa terra natal que hai anos abandonaron. A oficina de A Estrada abreu as súas portas o sábado e conta cunha persoa ao cargo. Permanecerá aberta durante xullo e agosto e o seu??horario??será nun principio de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A oficina de turismo do Concello de Lalín comezou a funcionar onte e conta con dúas personas. Estará aberta en xullo e agosto de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Pola súa parte, Forcarei dispón de dúas oficinas situadas en Soutelo e en Aciveiro. Cada unha delas conta cunha persoa que atenderá a todos os interesados de mércores a domingo nun horario?? de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de setembro. Polo momento só falta que o Concello de Silleda poña a funcionar a súa oficina de turismo. Estará lista a mediados de xullo e como de costume situarase no Mosteiro de Carboeiro. Mentras tantos todos os interesados en información turística poden achegarse ao Concello ou á Casa da Cultura de Silleda. As citadas oficinas ofrecen información sobre as rutas turísticas que propoñen as empresas de turismo activo e contan ademais con folletos informativos e planos non só do municipio en cuestión senón tamén dos concellos veciños e de outras zonas como as Rías Baixas.