«Willy estará moi presente nesta edición, aquí están as súas obras»

La Voz

DEZA

Artistas de País de Gales, Bulgaria, Brasil, México, Macedonia, Alemania, Francia, Madrid e de Galiza tomarán parte neste macroencontro cultural, no que tamén haberá tempo para visitar os arredores do museo. «Para que os asistentes tamén coñezan onde se enclava A Solaina», puntualiza Lareo. Unha xuntanza na que se homenaxeará este ano a Isaac Díaz Pardo, de quen se descubrirá un relevo feito polo escultor O Vila. «É certo que nos faltará un habitual da xuntanza, Willy, que nos deixou recentemente pero que estará moi presente entre nós xa que aquí está a súa obra. Foi un mago artista da comarca que sempre tentou enseñarnos o seu traballo dende o seu punto de vista. Pensoque non faltarán unhas verbas de lembranza a súa persoa». A obra que se faga na xuntanza poderase ver na exposición que se abrirá ao público no museo municipal de Lalín, no mes de novembro.