O Club Natación Lalín estará representado esta fin de semana no Campionato Galego de Categoría G-2, reservado para os rapaces nados en 1994 e 1995. O conxunto dezao acode á cita autonómica cos tres nenos dos que dispón na mencionada franxa de idade: Laura Nercellas, que competirá nos 400 metros estilos e nos 100 e nos 800 metros libres, Alberto Fernández, con praza nos 200 e nos 400 metros estilos e mais nos 1.500 libres, e Iris González, que nadará os 200 e os 800 metros libres e os 400 estilos. O adestrador do C.N. Lalín, Émerson Ramírez, amosábase onte esperanzado respecto á posibilidade de regresar a casa con algunha medalla. O preparador brasileiro afirma que Laura Nercellas ten opcións de podio nas tres probas nas que tomará parte, e Alberto Fernández na de 1.500 metros libres. Primeira xornada Na primeira xornada do campionato, o sábado, Alberto nadará os 1.500 metros libres, e a súa compañeira Iris González competirá nos 200 metros libres. O resto do programa dos deportistas lalinenses figura no segundo e derradeiro día do torneo autonómico.