O corredor do Hierros Diego sumou o seu sétimo podio da tempada Cristóbal Dios emulou en Porriño o xefe de filas do C.C. Estradense na proba cadete
19 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?uan Mourón ten sede de victoria, e non desaproveita a menor ocasión para saciala. O xefe de filas do C.C. Estradense-Hierros Diego deu o domingo unha nova mostra do estado de gracia no que se atopa cun segundo posto no Trofeo Vila de Ourense. Foi o seu sétimo podio da tempada, nunha clásica dos circuitos urbáns galegos que este ano contou coa participación de 69 ciclistas. Jesús Cobelo foi o protagonista da proba nos seus primeiros compases, tentando a aventura en solitario. Sen moita presa, o pelotón deixoulle facer, ata que Mourón e Bastos lle tomaron o relevo. Durante nove voltas o corredor do Hierros Diego e o seu acompañante tentaron despegarse da serpe multicor, pero ao ver que a súa diferencia non subía dos 12 segundos acabaron por deixarse ir e agardar a unha mellor oportunidade para optar ao triunfo. O pelotón acabou chegando compactado á recta final. José Antonio Ramos (Spol) arrincou con forza seguido por Mourón, e o venezolano, experto no sprint, levouse o gato á auga. O Hierros Diego contou tamén na meta con Jesús González, oitavo co mesmo tempo có gañador. A 3 segundos entraron Rubén Brage, Óscar García e David Maroño, decimosexto, decimoitavo e vixesimoitavo. Por outro lado, a canteira do Hierros Diego colleitou dous novos podios a pasada fin de semana, no Trofeo Aniversario El Corte Inglés de Porriño. Cristóbal Dios foi segundo en cadetes, e Óscar González rematou terceiro en infantís.