05 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
?steban Areán Varela, da Escola Atletismo Deza, subíuse o pasado sábado ao podio da proba dos 220 metros vallas infantís do Campionato Galego de Atletismo, celebrado nas pistas do I.N.E.F. de Pontevedra. Areán colgouse a medalla de bronce da categoría, colleitando o mellor resultado do seu club nesta tempada a piques de rematar. Moi preto do bronce estivo o tamén atleta do Deza Javier García Docampo, que se quedou a unha soa décima do terceiro posto dos 60 metros lisos categoría alevín. A terceira representante da Escola Atletismo Deza na cita autonómica, Tamara Vázquez Tallón, rematou nun meritorio noveno posto nos 220 metros vallas infantil feminino.