Sen semáforos

DEZA

AO TRASLUZ | O |

12 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

EN SILLEDA os semáforos están de vacacións ou con erros máis veces dos desexables por parte dos conductores e tamén dos peóns. O único que hai na travesía de Bandeira leva meses sen estar operativo. Os que acceden dende a carretera de Merza laméntanse cada vez que chegan a N-525 e queren xirar de cara a Silleda. O volume de tráfico da carretera nacional fai que as veces teñan que agardar varios minutos para a maniobra. Pero nestes últimos días engadíronselle a este paro do semáforo da Bandeira os dous que hai no caso de Silleda. Dende principios da semana non funcionaba o do cruce das rúas Avenida do Parque e José Antonio De ahí, máis dun susto de aqueles que circulaban pola última das rúas cando querían acceder a N-525. A proximidade dos coches aparcados reducen de xeito importante a visibilidade e impiden os xiros coa suficiente seguridade xa que coincide. E onte xa foi o pleno: tres e tres sen funcionar. O semáforo situado no cruce entre a N-525 e as rúas María Inmaculada e Venezuela tamén tomou descanso. Máis dun bocinazo ou frenazo se escoitou. Primeiro, por a impaciencia de todos os que agardan para poder acceder a travesía e, despois, polos que circulaban por ésta e se encontraban de repente co outro coche na súa traxectoria. Aínda que ás veces nos cansemos de agardar a que luz se poña en verde cando temos présa, é mellor solución que a falla da sinalización durante toda xornada. Un chega a desesperarse de ver pasar coches nun e outro sentido da N-525 sen poder psar. Algúns, coñecederes do casco urbano e da falla de funcionamento dos semáforos, xa optan por outras alternativas que non sexan tan transitadas para estar xa de primeiro na fila de cara a entrar na carretera nacional con máis seguridade. Agardemos que desta vez os semáforos se amañen con máis rapidez ca fai un par de anos, cando estivera varios meses sen funcionar.