Mistura en galego para empezar

La Voz

DEZA

A rúa do vento O grupo da comarca da Mesa pola Normalización Lingüística organizou onte o seu primeiro acto que consistiu nun espectáculo multimedia no Auditorio de Lalín

12 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Este foi o lema do primeiro acto organizado polo grupo dezano da Mesa pola Normalización Lingüística. A actividade, que tivo lugar onte pola noite no Auditorio de Lalín, consistiu nun espectáculo multimedia no que se misturou a música, os contacontos, o teatro e a poesía. Na actividade participaron alumnos do instituto Pintor Colmeiro de Silleda recitando poesía, músicos do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, a formación Teatro Secundario e participantes nos obradoiros de poesía do Barriga Verde. Os actos en torno o Día das Letras Galegas na Casa da Xuventude de Lalín consistirán nunsa sesión de contacontos o vindeiro 18 de maio as 19 horas. A actividade estará impartida por Celso Fernández . Os nenos teñen unha cita no Teatro Principal de A Estrada. É hoxe a partir das seis da tarde coa actuación da compañía Sapristi que porá en escena a obra Unha merenda de Alicias . Trátase dun xogo escénico basado en Alicia en el País de las Maravillas e Alicia a través del espejo de Lewis Carroll. O custe da entrada para o espectáculo que ten unha duración de 45 minutos é de dous euros. Visita a A Solaina de escolares de Monforte A Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces) recibirá o vindeiro día 16 a partir das catro da tarde a cincuenta escolares do colegio monfortino de A Gándara. Os rapaces pintarán xunto con Francisco Lareo , visitarán o museo e falarán sobre o Día das Letras Galegas. A parroquia silledense de Taboada pechará hoxe o seu ciclo cultural pola noite cunha comida, que contará tamén con baile amenizado por Fernando. Promoción do turismo da provincia en Bilbao e en Franckfurt Turismo Rías Baixas, organismo autónomo da Deputación de Pontevedra, promociona o turismo da provincia acudindo a dúas citas relacionadas co sector. Do 18 ao 21 de maio estarán no certame Expocavaciones de Bilbao. Posteriormente, o día 31 de maio e 1 de xuño, estará na feira Imex de Franckfurt, que está considera unha das citas internacionais máis importantes de congresos, convencións e viaxes de incentivo. Con estas dúas asistencias, Turismo Rías Baixas cerra a súa tempada feiral ata o vindeiro mes de outubro. A residencia da terceira idade de Vila de Cruces celebra hoxe o 102 cumpreanos dunha de Ramona Vázquez Asorei . A muller será felicitada polo resto dos seus compañeiros e persoal do centro a partir das 12.30 horas.