O Portadeza Lalín acollerá unha das sés do primeiro sector nacional infantil

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

09 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A directiva do Portadeza Lalín recibíu onte a boa nova da designación da capital dezá como unha das oito sés do primeiro dos dous sectores nacionais infantís. A Federación Española de Balonmano escolleu a candidatura do campión galego da categoría para organizar o Grupo A, un dos catro que contarán con tres equipos no seu cadro (os restantes terán catro). O Puerto Cruz, campión canario, e o Maristas León, canteira do Ademar e segundo de Castela-León, serán os duros rivais dos pupilos de Budi entre os días 19 e 21. O Portadeza debutará co Puerto Cruz, descansará na segunda xornada e rematará o sector o domingo 21 contra o Maristas León. O presidente do Portadeza Lalín, Nicolás Varela, explicou onte que a elección de Lalín «foi froito dunha negociación rápida» cuxo custe económico, di, non se coñece aínda. Varela salienta que o sector «porá a guinda a unha boa tempada do club. Imos facer un novo esforzo pola afección. Ademais, custaríanos máis caro mandar os rapaces fóra que acoller unha das sés», afirma.