En dous minutos |?Un proxecto de interese medioambiental Colectivos de Lalín e Agolada, alumnos e maestros actuarán nun mínimo de 500 metros de cauces
20 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O Proxecto Ríos, asinado por Adega e o Concello de Lalín, está tomando corpo e a resposta de colectivos e de cidadáns preocupados polo medio ambiente está deixándose sentir. Boa proba disto é o feito de que xa se constituiron oito grupos de traballo que están dispostos a actuar en ríos e regatos, baixo as directrices que marquen os responsables de Adega. No Círculo de Recreo de Lalín tivo lugar este mércores unha reunión, convocada pola Asociación O Naranxo, na que se perfilaron os tramos de ríos e os grupos que se encargarán de cada un deles. O profesor Luis Jar do IES Laxeiro, cun grupo de alumnos, farase cargo dun tramo de actuación no río Seixas (A Xesta); dende a ponte. Outro dos mestres deste instituto Antonio Presas, con outro grupo de rapaces do centro, teñen previsto ir ao regato de Pidre que ven de Dozón e desemboca no Asneiro. A Asociación Manuel Ferreiro de Lalín actuará no río Asneiro, dende a Ponte Nova hacia Mouriscade. O colexio de Vilatuxe e un grupo de Zobra actuarán conxuntamente no arroio de Parada (río que ven do Candán e que desemboca no Deza); A Asociación O Naranxo fará o propio no Asneiro na zona do Pozo Negro; Entrevías de Botos traballará dende a Ponte Nova ata Ponte Amoas no Asneiro nun traxecto de cinco quilómetros; Naturviva de Agolada tén previsto realizar unha das máis amplas intervencións dende a Ponte de Carmoega e ao longo de dez quilómetros. Pola súa banda, o colectivo de A Peniza aposta por realizar tarefas de recuperación no río Portos, en Botos. Lalín convértese no concello gallego, adherido a este proxecto medioambiental, que reúne a un meirande número de grupos de traballo interesados en levar a cabo distintas actuacións de limpeza e conservación, e agárdase que outros centros educativos se sumen a esta iniciativa pioneira na zona. Actualmente estase elaborando un mapa cartográfico de cada zona á espera de que se despracen a Lalín membros de Adega co gallo de facer unha primeira saída ao río para explicarlles aos participantes no proxecto a utilización do material. O 6 de maio os responsables de cada grupo irán a Vilagarcía a un curso formativo.