Carta de dimisión

JOSÉ GARCÍA, JOSÉ LUÍS GARCÍA, JOSÉ MANUEL PEREIRO, MARÍA TERESA CASTRO

DEZA

TRIBUNA ABERTA

15 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Jesús García García, vicepresidente primeiro do club Deprotivo Lalín, expulsado antonte polo presidente Amandio de Bessa, é apoiado polos vocais José Luís García, José Manuel Pereiro e María Teresa Castro, os cales deciden renunciar a seguir na directiva do club Deportivo Lalín. Tras levar máis de seis meses, as diferencias empezaron cando pedimos unha reunión de toda a xunta directiva, xa que nós non sabiámos nada acerca do club, nin no deportivo nin no económico. Nós só iamos aos partidos para tarballar e eso foi o que expuxemos nesa reunión, na cal manifestamos o noso interese por poder participar en todo aquelo relacionado co club, ademáis do acordo de celebrar unha reunión todos os meses. Tras un mes e unha profunda crise deportiva, chegamos á reunión para falar do futuro do entrenador: nós poñémonos na postura de que se non gañaba no próximo partido contra O Val que había que facer un cambio, o cal contestaron que «de cambiao nada, e que lle daban de marxe tres partidos para quitar tres puntos». Nós opuxémonos a esa decisión, porque de non gañar O Val, a marxe de maniobra era moi pequena. Por outra parte, dicir que algún membro da directiva está disposto a manter ao adestrador aínda que esto implique o descenso á categoría rexional. ¿Qué intereses esconden? Despois de deixar eso claro, aínda que nós non estabamos dacordo, falamos dun futuro entrenador, do cal dimos un nome, xogador de primeria e segunda división, e que foi rechazado con ironía, cando no económico saía pola metade do que nos custa o actual técnico. Tamén falamos dos xogadores, e incluso nomeamos a varios que teñen as súas diferencias co técnico. A súa resposta foi non saber nada e tacharnos de mentirosos. Ante eso nós planteamos a seguinte pregunta: ¿Ten lóxica permaneder no club e planificar outra tempada co actual entrenador? Para nós non a ten. Nesa reunión tamén fixemos propostas no aspecto económico, por suposto tamén rechazadas, ao dicir que daban moito traballo e escasos rendementos. ¿Para qué están entón no club senón é para traballar? Finalmente a reunión concluíu sen chegar a ningún acordo, polo que nós nos sentimos moi defraudados e coa rotunda decisión de deixar a xunta directiva ó final da tempada. Despois de sair nos medios de comunicación un rumor que había de demisión ao final da tempada, no primeiro partido, cando García se dispoñía a exercer o seu traballo, foi expulsado polo presidente sen ningún motivo, e sen ter consultado á xunta directiva, demostrando así que é un dictador, e que só vale a súa palabra sen ter en conta outras opinións. Logros de García Conseguiu un millón máis de publicidade có ano pasado, de non ser así, o mesmo García o poñería do seu propio patrimonio, dado o acordo co presidente. Esto conlevou consigo tres meses de duro traballo dúas persoas. Conseguiu un vehículo para o clube; o obsequio de Eroski para todos os partidos disputados na casa; conseguiu que para o ano seguinte os ingresos en publicidade sexan maiores; conseguiu aumentar o número de socios. Para rematar quero darlle as grazas a todas as empresas e socios que colaboraron comigo, e espero que non os defraudara pero a miña idea sempre foi loitar por un proxecto de futuro, o cal non puido ser.