Tres meses de sequía no Cortizo

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo LALÍN

DEZA

Panorámica | O Lalín non gaña no seu campo desde o 6 de novembro Desde que venceu ao Val, o conxunto de Acevedo sumou tres empates, co Cerceda, Lemos e Rápido de Bouzas, e sufríu unha derrota, a mans do potente Laracha

13 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Un erro de Luis Carlos na marcaxe de Álbert a 1 minuto da conclusión do partido deixou o domingo o C.D. Lalín cun palmo de narices cando xa saboreaba o triunfo sobre o Rápido de Bouzas. Unha victoria que ía ter un valor especial, tanto por conseguirse a costa dun rival directo da liga da permanencia , como por supoñer a fin a tres meses de sequía gañadora no Manuel Ángel Cortizo. Co 2-2 final fronte ao equipo vigués, os homes de Acevedo continúan obrigados a remontarse ao 6 de novembro para lembrar o seu máis recente triunfo en campo propio. O Val, daquela colista, foi a última víctima roxinegra: 3-1. Corría a xornada 11, e desde entón o calendario e o aprazamento do duelo co Caselas quixeron que o Lalín só teña disputado catro partidos máis no Cortizo. O balance, tres empates co Cerceda (1-1), Lemos (1-1) e Bouzas, e unha derrota ante un dos mellores equipos da Liga, o Laracha (2-1). O adestrador do Lalín manifestou onte que «tenemos ganas de ganar en casa», pero lle quitou importancia á racha no Cortizo, apoiando o seu discurso no escaso número de partidos disputados no Deza desde novembro. Acevedo confesou que el domingo «quedamos un poco tocados por el empate del Bouzas, porque vimos muy cerca la victoria. Hicimos unos buenos 20 primeros minutos, nos pusimos nerviosos con el 0-1 y nos recuperamos en la segunda parte, en la que estuvimos a un gran nivel».