13 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
? Caixa Rural Galega Tenis de Mesa Lalín dixo o pasado sábado practicamente adeus á Segunda División Nacional, logo de perder a domicilio co León, o equipo que ten inmediatamente por riba na clasificación. O duelo resultou disputadísimo, pero rematou caendo do lado local por un axustado 4-2 (14 xogos a 12). Tamén o sábado, os lalinenses perderon ademais co líder, o Avilés, 4-0 (12-3). O Escola Lalín gañoulle 4-2 o Ordes e o Lalín Promesas perdeu 2-4 co Astelgal cambadés.