O XI Ralli do Cocido terá un coeficiente de 7, un punto menos que a pasada edición
DEZA
A vindeira edición do Ralli do Cocido, que se celebrará o día 1 de abril, terá un coeficiente de 7, un punto menos que o ano pasado, cando a competición tivo a máxima puntuación posible por primeira vez. A decisión de rebaixar o coeficiente da proba foi adoptada pola Federación Galega de Automovilismo, organismo encargado de otorgar as puntuacións a cada proba por medio dun observador. O responsable de redactar o informe correspondente á décima edición do Ralli do Cocido, recolleu no seu informe que a proba non dispoñía de extintores en todos os postos organizativos de cada tramo. Así memo, o informe non tiña en conta o feito de dispor de ata dúas ambulancias e equipos de emerxencias en varios tramos do ralli. Para restar un punto ao coeficiente da proba do Cocido na súa edición máis emblemática, tamén se ten en conta o axustado presuposto do que se dispón para organizar a competición de máximo nivel. Logo da perda de puntuación respecto ao ano pasado, na vindeira edición do ralli, que fará a número once, a organización da competición, que discrepa do informe redactado polo representante da Federación Galega de Automovilismo, ten previsto adoptar as medidas que sexan oportunas para mellorar todos os aspectos que determinan a puntuación final da proba. Así mesmo, a escudería recollerá probas gráficas en todos os postos organizativos para evitar que lle ocorra o mesmo que esta edición co observador da Federación Galega de Automovilismo, do que discrepan.