O C.C. Estradense compite no Campionato Galego de Ciclocross

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

16 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Dezaseis ciclistas do C.C. Estradense-Hierros Diego acoden mañá a Ribadumia ao Campionato Galego de Ciclocross. Óscar García, segundo clasificado do Open Caixanova Sub 23, é a principal baza de podio, na categoría Sub 21, na que se estrea logo de rematar hai un ano subcampión júnior. Completan a nómina do Hierros Diego: Antón Raña, Agustín Gómez, Rubén Brage, Juan Mourón e Nico García (Elite, Sub 23 e Sub 21); Juan Carballo, Mario Durán e Aquiles Sordo (Xuvenís); Román Terceiro, Cristóbal Dios, Javier García e Alfonso Valcárcel (Cadetes); Antonio Marque e J.C. Picallo (Veteranos); e Ramiro Tosar (Ciclodeportistas).