14 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
O Club Tenis de Mesa Lalín xa conta con patrocinador. Caixa Ruaral Galega será a entidade que esponsorizará ao club, que pasa así a chamarse Caixa Rural Galega CTM Lalín. Doutra banda, a participación do equipo de Primeira Galega no torneo de Ordes, clasifiactorio para o Campionato Galego rematou co equipo lalinense no décimo posto. O CTM iguala así o posto do ano pasado, se ben este ano o nivel dos participantes foi máis alto ca en anteriores edicións do torneo. O equipo de Segunda Galega xogou esta fin de semana contra o Nautico de Vigo en xornada de Liga, perdendo 1-4.