O café é un dos productos estrela alí onde esté presente. Á exposición-venda chegou un bo surtido de Chiapas, Cuba, Nicaragua, Tanzania e Colombia, ao gusto do consumidor. «Tamén temos café descafeinado. Galletas, azúcar de Paraguai, arroz, garbanzos, chocolate de todo tipo: con améndoas, de laranxa, praliné, con leite, con ron e chocolate negro. Hai unhos ponchitos que son unha delicia e levan dentro unha pequena artesanía. Contamos con piña colada, caipiriña, ron e logo un amplo surtido de xoguetes: monecos, marionetas, parchis e puzzles», apuntou Sánchez Trujillano. «Para os que buscan unha determinada xoia seguro que a poden atopar. Caso, por exemplo, de xoias en prata que fan as mulleres dunha cooperativa de Perú», salientou Soledad Sánchez. Unha mostra que aínda está aberta ata finais do presente mes.