Sensibilizar aos mozos sobre a doazón de medicamentos

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dous minutos |?Os Dereitos Universais das Persoas O IES Laxeiro acolleu unha charla sobre Farmamundi e unha mostra do Seminario da Paz

09 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Con motivo da conmemoración da Declaración dos Dereitos Universais das Persoas, o instituto Laxeiro de Lalín celebrou na xornada de onte varias actividades ás que asistiron alumnos e profesorado do centro. Ata o instituto dezao desprazouse Ayssa Segret, voluntaria de Farmacéuticos Mundi, para presentar a campaña Medicamentos que no curan . Unha acción encamiñada a sensibilizar á poboación, e neste caso aos mozos, sobre a doazón axeitada de medicamentos. «Informamos a los alumnos que la salud es un derecho universal y que los ciudadanos del mundo tienen derecho a salud digna y que hay una donación inapropiada de medicinas. No se trata de vender nuestra ong, buscamos que nazca una concienciación y que los jóvenes sepan que los medicamentos que ya no se usan pueden ser reciclados y para ello existen unos puntos denominados sigre en todas las farmacias», manifestou Ayssa Segret. A voluntaria de Farmacéuticos Mundi, na súa intervención, explicou con datos reais certos envíos indebidos de medicamentos. «En el año 90 se mandaron a Sudán estimulantes de apetito y soluciones salinas para lentes. El 50% de las medicinas que llegaron a Kosovo estaban caducadas o deterioradas por problemas de temperaturas. Y otro ejemplo, en Ruanda en el año 94 se emplearon 4 horas diarias en la separación de fármacos. No puede ser», puntualizou. Unha exposición do Seminario Galego da Paz e un obradoiro da ong Intermón Oxfam completou a actividade do centro.