O Hierros-Diego acode o domingo a?O?Rosal?a?unha?proba?de?ciclocross

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

01 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Os corredores do Club Ciclista Estradense Hierros-Diego acode este domingo a O Rosal para participar na quinta cita do Open Caixanova, coa disputa do XX Trofeo Comunidade de Montes de Eiras. Ciclistas de todas as categorías do club estradense acudirán á competición na que participan equipos de toda Galicia. Óscar García, Antón Raña e Agustín Gómez competirán na categoría Élite-Sub 23. En júnior , Mario Durán, Juan Carballo e Aquiles Sordo tentarán facer un bo papel na competición de ciclocross. Cristóbal Dios, Román Terceiro, Javier García e Alfonso Valcarcel participarán na categoría de cadetes, onde Dios podería rematar entre o cuarto e o sexto psto. En veteranos Ramiro Tosar e Carlos Picallo representarán ao C.C. Estradense Hierros-Diego. A carreira do Rosal é xa unha cita clásica para os do club da Estrada, que a manteñen no calendario como unha oportunidade de prepararse para a tempada. Nesta ocasión Óscar García é o corredor que máis posibilidades ten, a priori, de facer un bo papel no Rosal.