A BALADA DO CANDÁN | O |
05 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.PODE que o progresismo se poida definir algún día con feitos, opinións e circunstancias coma que a ministra de Vivenda viva e traballe en habitacións de máis de 200 metros cuadrados e a un tempo recomende ós españois que sería mellor que vivesen en pisos de 30. Ou abaratar o despido dos obreiros e pasar de 45 a 33 días de indemnización por ano traballado. Ou recuperar o guerracivilismo mentres se fai gala de talante e se oferta diálogo as 24 horas do día. Ou que a ministra de Cultura diga, vestida con chupa de coiro, que un concerto de rock en español no estranxeiro fai máis polo castelán do que fai o Instituto Cervantes. Ou fomentar a amizade de gobernos coma o do señor Castro, ou o seu alumno predilecto, o triunfante Chávez, ou o do monarca alauita, tres señores que torturan e encarceran á oposición e a quen non ofreza o discurso monocorde que eles pregoan, e en cambio se dea de lado a relación con países como os EE. UU., polo menos demócratas, con tódolos defectos que se lles queiran poñer. Ou lexislar para que a inmigración revente as fronteiras e poñer os papeis de saldo a todo o que diga que ten un traballo cando a metade dos casos é falso. Ou pechar en falso unha comisión, a do 11 -M, que o goberno pedía a voces cando era oposición. Ou fomentar estatutos autonómicos insolidarios co resto do territorio español. Ou ofrecer unha política de mansedume cos terroristas e negarlle o pan e o sal ás asociacións de víctimas. Ou poñer o grito no ceo polas múltiples manifestacións de protesta ó goberno Zapatero cando hai ano e pico eran eles os que «acampaban» na rúa para empalmar unha pancarta con outra, e considerar todas as actuais manifestacións coma unha falta de respecto ó presidente, cando nas de aquel tempo chamaban asasino a Aznar e lles guindaban ovos ós seus ministros. Ou derrubar as estatuas de Franco (no que podería estar de acordo se non fose porque a historia non se borra) pero ensalzar a Pablo Iglesias, un home que defendía no Parlamento as bombas que poñían os anarquistas. Pero se todo esto é progresismo, debo comenzar a preocuparme, porque entón eu, que me consideraba centrista de alma e corpo, son máis conservador do que pensaba. Rochi@terra.es