O único requisito que se esixe dende a Unión Europea para tomar parte neste tipo de proxecto de voluntariado e ter entre 18 e 25 anos. É máis, a Unión favorece a participación neste tipo de actividades aos xóvenes con algunha problemática específica para que cuestións de índole económica, por exemplo, non sexan unha barreira para estes mozos. A directiva da Asociación Cirla e os técnicos da oficina de Igualdade deseñaron un programa de actividades para os nove meses que duraría dito proxecto, e que estaría centrado en políticas de igualdade. Os voluntarios adicarían aproximadamente tres meses (dependendo do grao e velocidade de aprendizaxe) a formarse, informarse e familiarizarse co idioma para logo comezar a desenrolar o seu traballo. Por outra banda, a intención dos organizadores é tamén que o proxecto que fagan os voluntarios europeos en Lalín o poidan logo trasladar aos seus respectivos países de orixe.