Nova formación teatral en Lalín

La Voz

DEZA

? Escola Municipal de Teatro de Lalín terá o 5 de novembro, ás 20.30 horas no Auditorio, a presentación da Agrupación Municipal de Teatro «Oh d'lacón», que integra a unha quincena de actores e actrices no arranque desta oitava temporada da escola. A nova formación, que producirá e dirixirá José Soto Blanco e terá como director artístico ao monitor e animador teatral José Manuel Ogando Coco , terá como padriños ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e á artista arxentina Marcela Ordás, vencellada á orquestra Tango, que presentará ao público o seu club de fans Oh d'lacón. A estrea oficial da formación teatral será ás 21.30 horas, coa peza de Varela Buxán Por borrachíns . Familiares do escritor e o director de Tango, Fernando Vila, serán distinguidos na velada, que contará coas actuacións do grupo de gaitas A Carballeira, de Cercio, e da charanga Roxedoiro, de Palmou.