Do cortello á mesa nos lenzos de Cabaleiro

MANUEL ESTÉVEZ

DEZA

VIAXEIRO incansable polo mundo co seu cabalete. Nos últimos anos percorre de norte a sur cidades do país veciño, Portugal, xunto cos colegas da paleta que forman o grupo luso-galaico que naceu ó pé da Serra d¿Arga, mirando a Goián, terra dos seus admiradores, Antonio Fernández e Xavier Pousa. Manolo Cabaleiro, a cabalo entre Vigo e Morgadáns e de cando en vez A Estrada, o seu berce natal, foi texendo a vida envolta na pintura. Xa o escribira o fabulador de Botos, Xosé Otero Abeledo, do mesmo Laxeiro «un home con inquedanzas de pintor, un home que sinte unha chamada desde o misterio da vida que o leva a reproducir a beleza que o rodea». A producción de Cabaleiro ciméntase precisamente nisa tamática, en recoller paisaxes do seu entorno ou mesmo reflexar as miradas que quedaran prendidas en Terra Santa, así como feiras, romerías, recantos ou tradicións que están a piques de desaparecer, e que o pintor quere salvagardar. Unha delas son as matanzas, motivo no que está a traballarpara presentar no seu pobo natal, concretamente na Sala de Exposición de Caixanova de A Estrada. Vai agasallar a veciños e admiradores, alén da temática paisaxística, cunha serie na que o protagonista é o porco. O autor titula Do cortello á mesa na pintura de Cabaleiro a mostra onde vai plasmando dun xeito marcadamente figurativo os animais deambulando na corte ata ollalos pendurados dunha viga, conformando unha estampa cotián da terra, e o momento máis tráxico: o chamusco. Completan a serie os bodegóns dos exquisitos xamóns e chourizos que se crían na bisbarra. Vai, Manolo Calabeiro, aproveitar o acto de inauguración, previsto para o mes de San Martiño, para facer entrega dunha peza saída do seu taller, que plásticamente fala dos xardíns do Pazo de Oca, ó museo estradense.