O SOL | O |
06 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.PARECE mentira que a estas alturas da película o de comunicarse aínda entrañe dificultades e problemas en moitos sitios. Din que o home xa pisou a lúa -e repito, din-, cada día saen ao mercado novos trebellos que facilitan todas as tarefas habidas e por haber, e nós convertémonos en auténticas esponxas dispostas a aceptar calquera cousa que nos facilite a vida. Na actualidade non creo que haxa moita xente que sexa capaz de traballar sen ter que botar man de teléfonos, faxes e demáis. Vénsenos á cabeza o anuncio de «no soy nadie, doctor» se falla algunha liña de móbil e non se da contactado. Perdémonos no tempo se se nos estraga a rede, e caemos no fondo do abismo se a luz nos abandoa. Iso sí é un trauma, e o demáis son tonterías. Estamos a converternos en seres absolutamente dependentes de chips e os cables. Non somos quén de desenvolvernos sen servicios «básicos» como o teléfono ou internet, e obviamente, se a nivel individual non o conseguimos, moito menos a nivel empresa. O estudio que se porá en marcha estes días no Deza, e que espera servir para mellorar as infraestruturas comunicativas das zonas empresariais da mostra das nosas novas necesidades. Achégase a era da intelixencia artificial.