A Casa da Botica abre as súas portas

Betti Vázquez A ESTRADA

DEZA

MARCOS MIGUEZ

Reportaxe | Unha opción máis para o turismo rural en Loimil, no municipio estradense Ramón Campos resaltou durante o discurso de inauguración o papel pioneiro de este municipio e de Tabeirós-Montes na creación de aloxamentos rurais

22 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? Concello da Estrada conta cunha oferta de vintetrés casas de turismo rural, o que supón un total de 250 prazas. A última en sumarse é a Casa da Botica, ubicada en Os Casares (Loimil), unha construcción de comezos do século pasado que abriu onte as súas portas logo da importante e custosa reforma da que foi obxecto. Á festa da inauguración foron convidados diversos representantes da política local, entre os que destaca o alcalde da Estrada, Ramón Campos, encargado de darlle lectura ó discurso de inauguración, xunto con Susana Cancela, xerente da casa, e Enrique Perol, o aparexador encargados das obras. Campos fixo especial fincapé no feito de ser o municipio estradense un dos pioneiros en promover este tipo de aloxamento rural. Susana mercou esta casa, que funcionou moitos anos como botica, e preparou un proxecto de rehabilitación. Para esta tarefa contou coas axudas do Plan Leader, unha iniciativa comunitaria que naceu co obxectivo de desenrolar o medio rural. Conseguiuse ó redor do 30% da inversión total. A familia Cancela-Quinteiro tivo que financiar o resto do proxecto, consistente en equipar e amoblar toda a casa e mellorar tamén o entorno. O inmoble conta cunha finca dun 25.000 metros cadrados que rematarán convertidos nunha zona de paseo e xardín. A Casa da Botica conta tamén con dez habitacións dobres, unha sala común, piscina, cafetería aberta ó público e unha sala na que se recolle unha exposición da antiga botica. Con todo o traballo rematado, A Botica conta cunha ocupación do 10% para o mes de agosto. Entre as actividades que lle ofrece ós turistas están as de sendeirismo e piscina, pero nun futuro programaranse tamén paseos en bicicleta e charlas sobre celebracións propias de Galicia, como poden ser os magostos ou o antroido.