Cerdedo, a ritmo de orquestra

La Voz

DEZA

A rúa do vento A música e as distintas actividades organizadas pola comisión de festas e polo concello serán?as?protagonistas?dunha?fin?de?semana?que?comeza o xoves??coa?actuación?da?Roda

21 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A comisión de festas encargada de organizar os festexos patronais na honra do Ecce Homo e da Virxe das Dores pechou hai uns días o programa definitivo das celebracións que terán lugar a vindeira fin de semana, aínda que a música xa soará dende o xoves cos ritmos do grupo A Roda. O programa ofrece para o venres un festival folk a partir das dez da noite, en colaboración coas pandereteiras de Barro de Arén. A Virxe das Dores e o Ecce Homo como protagonistas Na celebración do sábado Cerdedo honra á Virxe das Dores. A banda xuvenil de Chapela é a encargada do pasarrúas da mañá e do concerto da noite, seguido da actuación das orquestras Player's e Juan Mallo. O domingo o honrado será o Ecce Homo. Haberá misa, actuacións musicais e representacións de teatro. As festas deste ano rematarán coa actuación da orquestra Costablanca, logo dos tradicionais fogos de artificio. Paseo interxeracional en Lalín na procura das aves O biólogo Martiño Nercellas saía onte ó monte cos participantes no encontro interxeracional que se está a celebrar na residencia As Dores, de Lalín, na procura das aves das que lle falaran os vellos ós nenos. Á volta deste paseo agardábaos a lectura das liñas que lle achegou o poeta Estevo Creus, e un particular obradoiro no que tentaron recuperar as vivencias do mitolóxico personaxe Ícaro, a quen o sol lle derreteu as ás. Sexy boys e un «gran hermano» na discoteca Sfera de Forcarei A discoteca Sfera de Forcarei reinaugurábase días atrás e logo dunha profunda renovación, incorporando as últimas novidades en son e luces con láser. Esta noite ofrecerá unha actuación especial para as mozas, con gogós e cun espectáculo dun grupo de sexy boys de Portugal, todos cachas e dispostos a chegar ata case o final. Para mañá anúnciouse xa outra festa cun convidado especial, un granhermano da quinta xeración. Trátase de Denís, o vigués que acabou enfrontándose á mesmísima Aída. Moitos poderán fotografialo, bailar e charlar con el.