Álex López puntuou onte nas dúas mangas da proba de Narón

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

16 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? tarde de onte resultou moi positiva para o corredor dezao Álex López, que participaba na quinta proba do Campionato Galego de supercross disputada en Narón. Logo de conseguir a clasificación directa para as carreiras da tarde, Álex rematou a primeira manga en cuarta posición, puntuando así ao igual que fixo nas últimas probas. A segunda manga resultou aínda máis positiva para o corredor, aínda que a pechou na mesma posición e estando moi preto de subir ao podio. Os bos resultados que o deportista está a colleitar nas últimas probas están sendo moi satisfactorios para o corredor, tendo en conta ademáis os problemas de alerxia que o afectan.