Maroño remata cuarto a terceira etapa da Vuelta al Besaya

DEZA

MIGUEL SOUTO

Varios corredores do Hierros Diego competirán hoxe no Gran Premio Ciclista de Teis

02 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A terceira xoranda da Vuelta Internacional al Besaya, en Cantabria, na que compite a selección galega deixou onte excelentes resultados ao combinado no que compiten Diego Maroño e Óscar García, do Hierros Diego. O segundo sector da xornada, con saída en Santander e chegada en Bostronizo culminou con Diego Maroño entrando na meta en cuarta posición a tan só 40 segundos do vencedor da etapa. Óscar García tamén firmou unha excelente actuación entrando no posto 14 a 52 segundos de Ricardo Vid, do Pijnenburg-Aquadraat, que gañou a proba. En total foron 64 quilómetros de percorrido que lle dan a Diego Maroño 14 puntos, e outros dous a Óscar García. O resultado por equipos deixou onte á selección galega como vencedora da xornada. Terceiros na cronometrada Xa antes de correr o sector Santander- Bostronizo, a selección galega tivo unha excelente actuación na cronometrada por equipos. O primeiro sector da etapa de onte saldouse cunha terceira posición dos corredores galegos. O combinado galego do que forman parte Diego Maroño e Óscar García, fixo o terceiro mellor tempo da proba, cruzando a meta a tan só 55 segundos do vencedor, o equipo Baque- La Fuente, e a tan só 16 segundos do segundo clasificado, o conxunto Almacenes Lavin. A cronometrada, con 24 quilómetros, tomou a saida en Ruiloba e tivo chegada en Comillas. Logo dos dous sectores que compoñen a terceira e penúltima etapa, Diego Maroño sitúase decimoquinto e Óscar García decimooitavo na clasificación xeral. Competición en Teis Máis dunha ducia de deportistas do C.C. Estradense Hierros Diego acoden hoxe á XIV edición do Gran Premio Ciclista de Teis, organizado polo Club Ciclista Teis. Na competición participarán dous principiantes, varios alevíns, cinco cadetes e os xuvenís do clube que non están disputando a proba cántabra co combinado galego. Clubes de toda Galicia competirán cos ciclistas estradenses na carreira de Teis.