O equipo xuvenil, á asemblea

La Voz

DEZA

?s socios do C.D. Estradense están chamados hoxe á asemblea anual do club, que se celebra no salón de plenos do Concello, e non no Teatro Principal, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 en segunda. Trala análise do balance económico, a directiva de Antonio Iglesias presentará e levará a votación o acordo que acaba de pechar co Sporting Estrada sobre a xestión dun equipo xuvenil, requisito do novo espónsor da entidade, a empresa Martínez Otero. Antonio Iglesias non soltou onte prenda do falado co Sporting, reservándose a exclusiva dos seus detalles para a masa social do Estradense. O acordo sobre o cadro xuvenil trataráse no apartado de proxectos e propostas do presidente, que precederá ao de propostas dos socios. Por último, e antes do capítulo de rogos e de preguntas, os responsables da sociedade deportiva levarán a votación unha proposta de suba das cotas dos socios. Un punto este que aínda non tiña totalmente pechado onte a directiva do club.