30 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
?uan Mourón completou o domingo unha gran fin de semana sumando en Navia, Asturias, o quinto posto na Volta ao Occidente ao terceiro que colleitara un día antes en terras cántabras no Memorial Santisteban. Nun calco case perfecto da proba do sábado, o ciclista do C.C. Estradense-Hierros Diego tivo que enfrontarse en Asturias a un equipo enteiro. Neste caso, ao Cropusa, que impuxo na liña de meta a Paulo Vargas e Jesús Tendero no primeiro e segundo postos, acaparando outros dous dos sete primeiros. Mourón chegou a 1 minuto e 10 segundos de Vargas e Tendero. Rubén Brage finalizou no posto 65.